Descripción
Primeiro CD do proxecto ‘Rosalía Cantada’, que recolle poemas rosalianos interpretados por Eliseu Mera (barítono) e Cándido Cabaleiro (piano), que gravaron temas de compositores clásicos e contemporáneos como Xoán Montes, Xosé Baldomir, Antón García Abril, Juan Durán, Octavio Vázquez e Fernando Buide. O disco xa está dispoñible en plataformas dixitais como Spotify ou iTunes, entre outras.
O obxectivo deste proxecto é reunir e poñer a disposición do público galego (e non só) a obra musical creada a partir dos poemas rosalianos, sobre todo no caso da música clásica, dado que a maioría das pezas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa. A súa poesía foi escollida polos principais compositores galegos de música culta para ser convertida en cancións. Moitas destas creacións, como a “Negra sombra” de Montes ou o “Maio longo” de Baldomir, chegaron ao público por versións de intérpretes pop ou folk, o cal contribuiu inmenso á sua difusión, mais ocultou a sua natureza orxinaria.
‘Rosalía Cantada’ (vol. 1 Música clásica) foi gravado en directo o 14 de novembro de 2020 no Auditorio de Galicia, da man do enxeñeiro de son Pablo Barreiro. Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, e contou coa colaboración do Concello de Santiago, o Concello de Valga e a Radio Galega.